Asesoría laboral

Xestionamos a situación laboral da túa empresa. Desde a contratación de persoal e a súa xestión coa Seguridade Social, o mantemento mensual do persoal como as posibles incidencias que poidan xurdir dentro da empresa. Levamos a cabo o control do teu plan empresarial de contratación, e a preparación e seguimento de recursos e escritos ante a Administración. Estas son algunhas das áreas de xestión laboral nas que podemos axudarche:

  •     Confeccionamos os contratos de traballo, prórrogas e renovacións e a comunicación dos mesmos.
  •     Realizamos a aplicación e actualización de convenios e normas laborais.
  •     Realizamos os recibos salariais e nóminas.
  •     Confeccionamos as liquidacións.
  •     Tramitamos e preparamos os boletíns de cotización á Seguridade Social.
  •     Realizamos as declaracións de IRPF.
  •     Outros trámites: vidas laborais, certificados de estar ao corrente de pago, trámites en recadación e adiamentos.

Localización

Por aquí e por donde podes atoparnos...